martes, 4 de noviembre de 2008

Coruxo -Carballiño 2-7

Nota: hoxe vouno facer en galego por motivos de traballo.

A realidade é a realidade e o espexismo do que pasou a semana pasada xa se difuminou con este resultado, polo tanto espero que a regularidade volva ser a nosa arma de traballo.
O partido co Coruxo tornou a nosa realidade, traballo, traballo e mais traballo. Foi un partido moi duro desde o principio ao fin; O Coruxo tratou de manter una defensa agresiva e ordenada e durante 2/3 da 1ª parte saíulle ben, empezaron gañando 1-0.
Pola nosa parte saímos quizá un pouco nervosos por culpa do resultado da semana anterior, pero pouco a pouco fómonos centrando no partido , pasamos a dominar a situación e rematamos a 1ªparte xa con un resultado a favor de 1-3 .
Na segunda mitade o dominio foi totalmente do noso equipo salvo nun momento no que o resultado era 1-5 e marcaron o 2-5.
De novo os nervos saíron a relucir nun par de xogadores e por un momento pensouse que podía pasar de novo calquera cousa e para mais inri o labor arbitral estaba sendo nefasto para o noso equipo
(sin comentario).Eles estaban a xogar con porteiro xogador e parecía que lles ía a dar resultado positivo pero chegou o noso 6º gol e xa todo cambio para a nosa tranquilidade.
De novo chegou o 7º gol noso e salvo un par de xogadas que lle puxeron emoción (de eso se encargabans os arbitros), duas faltas que supuxeron un tiro de 12 metros e remate final do partido.

3 comentarios:

ludovicum 12 dijo...

Salvo hecatombe a liga está gañada!! Espero que se iso ocorre, o traballo de todos os xogadores se vexa recompensado cun ascenso tan desexado, e anteriormente frustrado polo desafortunada xestión da directiva e o nulo apoio do Concello.
De todos xeitos, recorda o que hoxe che digo: o home é o único animal que tropeza duas veces na mesma pedra (esta sería a terceira). Ogallá non se cumpra!!
Sau2!!

enrique robles dijo...

Boas tardes:
Ó final pasou o que me imaxinaba, despois da decepción da semana pasada, polo que estou lendo, imaxino que os xogadores, despois dunha reflexión, deberon chegar a conclusion de que hoxe en día, en calquer deporte colectivo, si non eres altamente competitivo, calquer equipo, como se soe decir na jerga futbolística, "faiche un descosido",polo que deberon sair cunha actitude altamente positiva, donde primaba a autoconfianza, competividade, concentración...etc, deixando no autobús ó exceso de confianza, e isto por suposto que ten altas probabilidades de éxito.
Enhoraboa e que siga a racha.

iban dijo...

Alegrome por iste resultado positivo que facia falla despois do despiste da semana pasada,porque non foi mais queso,temos que ter un pouco de confianza nos xogadores e tamen nos arbitros amigo Marnotes (que te vexo moi receptivo).